Friday 03 de May de 2024

Cambre leva a pleno a aprobación do I Inventario de Bens e Dereitos do Concello


O goberno local de Cambre levará a pleno a proposta de aprobación do I Inventario de Bens e Dereitos do Concello.

Nunca antes Cambre contou cun documento que aglutinase todos os bens mobles e inmobles e os dereitos. No Inventario constan todos os tipos de bens municipais tales como leiras, camiños de titularidade municipal, edificios, vehículos, mobiliario, etc, etc

Para a administración local é esencial contar cun inventario plenamente actualizado e valorado que permita controlar e defender os bens que o integran. Así mesmo, é unha obrigación legal aprobalo e publicitalo mediante o portal de transparencia, de obrigado cumprimento desde o ano 2013.

O Inventario de Bens é un elemento transcendente para valorar e controlar a situación do patrimonio municipal e para poder exercer unha adecuada defensa ante calquera situación de conflito. Dispón dunha información completa e actualizada dos elementos que integran o patrimonio municipal e cumpre coa obrigación legal determinada polo Regulamento de Bens e a Lei de Facendas Locais, no aspecto contable.

Segundo o alcalde de Cambre, Óscar García Patiño, aprobar este documento é esencial para o bo funcionamento da administración local, xa que facilita o traballo de técnicos e xurídicos, é necesario para a contratación de moitos servizos públicos e é unha ferramenta que todos os cambreses poderán contemplar para aclarar as súas dúbidas sobre a titularidade dos bens ou camiños. “Igual que o Plan Xeral é unha prioridade ter este documento aprobado polo que é un paso máis que damos para mellorar a xestión dos nosos dos nosos bens”, indicou García Patiño. Asegura que este documento é esencial para a defensa xurídica dos veciños e veciñas. Trátase dun documento vivo que se irá implementando con altas e baixas como se debeu de facer desde hai anos.